CRTVG

Buscar

Rosario Álvarez toma posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega

Publicado o 04/07/2018 21:37

A catedrática de Filoloxía Galega, Rosario Álvarez, é dende hoxe a primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega. Na súa toma de posesión comprometeuse a traballar por todos os sectores e todos os públicos. O presidente saínte, Ramón Villares, dixo que marcha contento co seu labor e esperanzado co futuro da institución, que naceu coa autonomía.

O historiador Ramón Villares pon fin a unha ducia de anos á fronte do Consello da Cultura Galega satisfeito polo seu esforzo en axustar a institución aos novos tempos e augurandolle días de gloria.

A nova presidenta asume o cargo fixando retos: atender todos os sectores e públicos, a Galicia exterior ou a igualdade de oportunidades no acceso á cultura, canto a xénero, idade ou lugar de residencia.

Neste acto de toma de posesión, Alberto Núñez Feijóo cualificou o Consello da Cultura Galega de pórtico institucional. Rosario Álvarez é a primeira muller á súa fronte nos seus 35 anos de historia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2018