Rosana volve vivir e gozar da aldea natal da súa nai, Os Castillós, en Pantón
Publicado o 19/04/2019 09:54
Para Rosana, guía turística, a aldea natal dos Castillós, en Pantón, é algo máis ca o seu curruncho favorito. É volver ás súas raíces, desandar o camiño que fixo súa nai hai anos ao emigrar desde aquí a Vigo, onde ela naceu.
Agora, volve vivir aquí e goza da veciñanza, aínda que a despoboación fixo das súas, e das marabillas do lugar que lle traen lembranzas dos seus veráns infantís.
En apenas cen metros hai dúas igrexas de orixe románica e o cruceiro máis antigo da provincia de Lugo, do século XVII, a onde as parellas veñen facer as fotos de voda desde hai décadas, como a súa nai.