Rosa Quintana pide que se incrementen as cotas de capturas do bonito
Publicado o 27/08/2019 13:16
A conselleira do Mar avoga por un incremento da cota nas capturas do bonito. Lembra que xa é o segundo ano que pecha a costeira antes de que remate agosto, un mes antes do habitual, e asegura que a situación biolóxica permitiría ese aumento.
Rosa Quintana, conselleira do Mar: "Nós entendemos que é un recurso que se atopa en boa situación biolóxica e, polo tanto, o que demandamos é un incremento nas posibilidades de pesca e unha mellor repartición para que, como mínimo, duren ata setembro".