CRTVG

Buscar

A Revista

Rosa Cedrón enfeitiza no San Froilán

Publicado o 06/10/2017 12:58

Xa lles estamos contando que Lugo vive as súas festas patronais: o San Froilán. Unha das ofertas destas festas é a música e onte actuou a cantante e chelista monfortina Rosa Cedrón.

E non defraudou os seus seguidores que enchían a praza de Santa María. Cedrón comezou o recital interpretando 'Soidades' e mesmo lles regalou aos espectadores un tema inédito.

Repasou as dúas décadas que levaba nos escenarios e soubo atraer os espectadores. Nós marchamos coa súa voz especial á publicidade. Serán uns minutos porque á volta temos un montón de cousas que contarlles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/10/2017