Zigzag Diario
Ronnie Spector: unha voz de lenda para escoitar en directo
Publicado o 20/06/2018 17:15
Ronnie Spector foi unha das tres Ronettes que nos anos 60 lideraban as listas de vendas. O seu matrimonio con Phil Spector truncou a súa exitosa carreira musical e as Ronettes só se volverían xuntar para denunciar o mítico produtor. A historia de Ronnie é a historia viva da música rock.