CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Ronaldo volve xogar co Real Madrid e marca dous goles

Publicado o 14/09/2017 15:21

Na Champions o Madrid cumpriu o trámite ante o Apoel. Volvía Ronaldo e, co portugués..., volveron os goles. Cristiano marchou satisfeito do Bernabeu. Ata levou os parabéns de Mayoral. Volveu Ronaldo e volveu gozar o Bernabéu. O portugués, autor de dous goles, mostrouse... satisfeito tras o partido. Voltaba Cristiano e voltou a ledicia dos goles ao Madrid. De nada serviu o atrevemento do galego Roberto Lago nun zapatazo lonxano do Apoel Nicosia.

Aos doce minutos chégalle un coiro a Ronaldo, tras abrir Bale ao segundo pau, e gol do portugués. Zidane respira. Volve Cristiano de cacería pola banda e pegado ao poste demostrando ser o menos preguiceiro dos brancos no primeiro tempo. A segunda parte arranca con VAR, con uve. Remate de Ronaldo e balón que coquetea co gol. As imaxes do asistente electrónico non ofrecen dúbida: non gol.

O árbitro non pide axuda nesta outra acción, non dubida da man de Roberto Lago e penalti que transforma o goleador branco. Segundo de Cristiano nesta edición da Champions. Non había outro no campo e velaí, Cristiano ao piso e o árbitro que non pita a pena máxima. A superioridade branca queda confirmada co terceiro da noite nunha brincadeira de Sergio Ramos dentro da área pequena. Remata a cabezada de Gareth Bale que onte volveu escoitar asubíos no Bernabeu. A última, tamén de CR7, onte o indiscutible mascarón de proa dun Real Madrid que está arrancando a temporada un chisco bradicárdico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí