CRTVG

Buscar

Ronald Koeman, hospitalizado por un problema cardíaco

Publicado o 03/05/2020 21:28

Ronald Koeman permanece hospitalizado en Amsterdam ao sufrir este domingo un problema cardiaco. O seleccionador nacional de Holanda e ex-xogador do Barcelona foi sometido a un cateterismo e está estable. Segundo os medios do país, é de agardar que mañá reciba a alta. Koeman dirixe o equipo nacional dende 2018 e devolveuno ás grandes citas do fútbol internacional. Holanda está clasificada para a próxima Eurocopa tras faltar á edición anterior e ao Mundial 2018.

Noticias web

03/05/2020