CRTVG

Buscar

Rompen as negociacións da nova PAC polas discrepancias sobre as axudas a partir de 2023

Publicado o 28/05/2021 10:47

A Unión Europea non logrou acordar a reforma da PAC. Foi imposible alcanzar un pacto entre as distintas institucións. Unha semana de reunións maratonianas tras tres anos de negociacións non puido rematar no agardado acordo para reformar a Política Agraria Común, que comezaría a aplicarse en 2023.

Os estados membros non aceptaron a proposta do parlamento europeo, e confían en lograr un pacto a finais de xuño. O principal desacordo está na porcentaxe de axudas que se destinarán aos chamados ecoesquemas, os cartos para as explotacións agrarias que cumpran cos requisitos verdes.

O Parlamento propuña que se destinara un 30 por cento das axudas directas a este fin, e os socios comunitarios partían dun 20, cun período de flexibilidade. O Ministro de Agricultura di que o obxectivo é combinar sostenibiliade e rendibilidade.

A xuntanza estirouse toda a madrugada e, aínda así, non foi posible o consenso. España confía en que o pacto chegue na próxima reunión do Consello de ministros de Agricultura, o 28 e 29 de xuño, segundo informaron hoxe fontes diplomáticas.

Noticias web

28/05/2021