CRTVG

Buscar

Rompen a porta cunha tapa dun sumidoiro para roubar nunha tenda da Coruña

Publicado o 13/05/2019 13:39

Un ou varios descoñecidos utilizaron a tapa dun sumidoiro para romper a porta de cristal e roubar nun comercio da Coruña. Foi contra as tres da mañá e os ladróns apoderáronse das dúas caixas rexistradoras do local.

A dona aínda non formalizou a denuncia nin ten feita unha valoración do que lle roubaron. No negocio despachan lotaría, pero só boletos extraídos dun terminal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019