CRTVG

Buscar

Rompe unha tubaxe de madrugada na rúa en Vigo e a auga entra nunha vivenda

Publicado o 28/04/2020 13:48

Os bombeiros de Vigo acudiron a un domicilio particular esta madrugada tras romper unha tubaxe na rúa. O rebentón produciuse na rúa Biscaia ás catro e media da mañá. O home espertou polo ruído e pensou que deixara aberta a billa. A tubaxe desa rúa é antiga e xa rompera en máis ocasións.

Noticias web

28/04/2020