Romina Vázquez e Sandra Calderón explican e mostran en 'A revista' como é o flamenco galego
Publicado o 22/02/2019 13:48
Romina Vázquez e Sandra Calderón fan flamenco galego. Estas artistas comezaron moi pequenas a cantar flamenco e á música axudouna a unilas: Sandra é Galega e Romina é unha galega nacida en Venezuela. A música din, é unha arte que se levan dentro.
Sandra Calderón presenta o primeiro disco, Desde el alma, en que Galicia está moi presente. Romina é bailadora. Xuntas fan o espectáculo de flamenco. Elas dín que fan flamenco do norte, creado no norte, é flamenco galego. A maioría son autodidactas, non de escola, xa que en Galicia non hai escolas de flamenco.