A serra de San Mamede recupera a súa tradicional romaría despois de doce anos
Publicado o 15/08/2019 21:25
Ata a capela destas montañas, a 1.600 de altitude, chegaron os romeiros para xantar, bailar ao son da música tradicional e pasar a tarde participando en xogos populares. Terminan así as actividades organizadas este verán polo Concello de Vilar de Barrio, na comarca da Limia, para poñer en valor a Serra de San Mamede e frear o despoboamento na zona.