CRTVG

Buscar

Romanos e castrexos enfróntanse en Friulio e rematan en pacífica convivencia

Publicado o 12/05/2019 14:58

O concello lucense de Friol réndese a romanos e castrexos. Asociacións de recreación histórica enxalzan o pasado cunha festa aberta á participación e que cada ano conta con máis asistentes. 

Unha festa de recreación histórica sitúa a Friol na época na que os celtas vivían pacificamente no seu castro, pero con asedios ocasionais dos romanos. É o Friulio, que converte este concello lucense nun lendario monte Medulio.

Romanos e castrexos son os protagonistas desta festa que se organiza en Friol desde hai tres anos e que cada vez conta con máis asistentes.

Nesta recreación non falta de nada. Mentres que os romanos fan alarde da técnica para elaborar viño os castrexos prepáranse para o posible enfrontamento.

Como ocorre sempre, a festa remata coa convivencia pacífica entre os dous pobos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019