CRTVG

Buscar

Román Rodríguez pide máis implicación do Goberno central no Xacobeo 2021-2022

Publicado o 23/07/2021 16:30

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, pide máis implicación do Goberno central no Xacobeo 2021-2022.  É unha das reivindicacións que levou á primeira Conferencia Sectorial de Cultura presidida por Miquel Iceta. É tamén a primeira que se celebra de forma presencial desde que comezou a pandemia. Román Rodríguez criticou a repartición dos fondos de recuperación europeos que fai o Goberno de España. O ministerio resérvase practicamente a xestión do 70 por cento deses cartos, e deixa o 30 restante para as comunidades autónomas.

Noticias web

23/07/2021