A Consellería de Educación destaca a normalidade no regreso ás aulas
Publicado o 10/09/2021 15:00
E tras a volta ás aulas do alumnado de infantil, primaria e Educación Especial, Román Rodríguez reuniuse co comité educativo. O conselleiro destacou a normalidade no inicio das clases e informou das medidas de seguridade que seguen vixentes este curso.
Nunha entrevista na Radio Galega, o titular de Educación destacou o incremento de 220 profesores en primaria e secundaria, mentres se ultiman os detalles de secundaria.