CRTVG

Buscar

Román Rodríguez: "Estamos moi satisfeitos pola resposta de Galicia en Fitur"

Publicado o 28/01/2019 11:20

Facemos balance da presenza de Galicia en Fitur con conselleiro de Turismo, Román Rodríguez.

Fitur e a folga de taxistas

"Para un acontecemento como é Fitur, que mobiliza moitas persoas, a verdade e que funcionou ben, a cidade respondeu ben, grazas aos servizos públicos de metro e de autobús".

"Para Galicia Fitur funcionou moi ben"

"Fitur é unha auténtica festa no sentido positivo. Para Galicia funcionou moi ben, estamos moi satisfeitos, tanto pola resposta do público en xeral, de case 80.000 visitantes, pero sobre todo estamos moi contentos pola resposta do sector profesional. Tiveron moitas reunións de traballo, máis de 300, das que estamos seguros que sairán proxectos moi positivos para Galicia. No posto estivo Galicia toda representada, unha forma de vender en positivo unha imaxe de Galicia relevante desde o punto de vista turístico e tamén houbo moi boa conectividad co que son os medios de comunicación. Tivemos máis de 200 medios de comunicación formulando e vendo as verdades turísticas galegas".

"A nosa comunidade leva tempo destacando en positivo"

É moi difícil destacar en Fitur, porque estamos falando dun mapamundi do turismo mundial, pero Galicia leva tempo destacando en positivo. Hai moi bo traballo por parte dos profesionais e creo que Galicia leva anos no bo camiño, tanto a nivel profesional como a nivel de visitantes".

"Queremos preparar un Xacobeo de todos"

"Estamos traballando en crear un gran Xacobeo, non só desde o punto de vista institucional, senón que queremos que sexa un Xacobeo de todos, dos axentes sociais e culturais. Creo que ten que ser un éxito de todos e que todos temos que ter implicación. O que máis nos importa é desenvolver un proxecto que englobe o conxunto de Galicia, que sirva para recoñecernos, para poñer en valor o moito e bo que temos e, sobre todo, que o día despois, todos os avances e pasos se manteñan no tempo".

"O gran desafío do próximo Xacobeo é presentar Galicia no mundo e que o día despois sexa sostible, que non sexa flor dun día. Por eso estamos traballando os anos previos. Cremos que vai ser un punto de inflesión para Galicia".

"Os festivais musicais teñen un gran tirón e á parte teñen un papel cultural fundamental e unha gran repercusión turística. A estratexia de festivais de Galicia ten dous piares, O Son do Camiño, que repetiremos este ano, e por outro lado, unha rede xa consolidada, cun conxunto de festivais innovadores, diferentes, especializados e espallados polo territorio".

Turismo e trens turísticos

"É un dos grandes produtos que ten Galicia. O turismo nos últimos anos fundamentouse en ofrecer produtos diferentes e innovadorese que van orientados a nichos de públicos moi específicos".

"Temos un sector moi potente pero temos que tratar de competir a nivel mundial. Hai que pensar que o turismo é un dos sectores máis competitivos a nivel mundial".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019