Román Rodríguez di que o proceso educativo se irá normalizando co aumento da vacinación nos nenos
Publicado o 08/09/2021 17:19
Mañá comeza o curso en infantil e primaria en Galicia. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, insiste en que, a pesar do descenso das matrículas este ano haberá máis persoal docente en infantil e primaria.
O conselleiro asegurou que "na semana que vén, os nenos e nenas de máis de 12 anos estarán afortunadamente vacinados, polo que pensamos que imos ter un curso que irá evolucionando en positivo cara a unha situación máis normalizada en todo o que ten que ver co proceso educativo"