CRTVG

Buscar

Román Rodríguez asegura que a volta ás aulas será moi semellante á do ano pasado

Publicado o 01/09/2021 21:57

A volta ás aulas vaise facer seguindo unhas normas moi semellantes ás do ano pasado. Quérese repetir o que o Goberno galego considera un éxito. Así o dixo esta tarde o conselleiro de Educación nun congreso galego-portugués en Braga.

Román Rodríguez presentou os resultados da contención do virus nas aulas galegas, que, di, considera todo un éxito porque nin os colexios nin os institutos foron un problema na loita contra a pandemia. Así o explicou esta tarde na Universidade do Miño en Braga durante o Congreso galego-Portugués de psicopedagoxía.

A Consellería quere que o vindeiro curso se desenvolva con normalidade e aposta pola presenza e a seguridade sanitaria conforme ás pautas dos expertos. Máscara para os maiores de seis anos, ventilación nas aulas e distancia entre alumnos.

Román Rodríguez di que temos todo a favor, o escenario desta volta é diferente porque contamos coas vacinas e temos mellor coñecemento da situación. 

Noticias web

01/09/2021