CRTVG

Buscar

Román Escolano xura como novo ministro de Economía

Publicado o 08/03/2018 21:26

Román Escolano xurou esta tarde o seu cargo como ministro de Economía. Fíxoo no Palacio da Zarzuela en presenza do Rei e do presidente do Goberno. O novo membro do executivo xurou ante a Constitución e unha Biblia que pertencera a Carlos IV.

Este venres participará no seu primeiro Consello de Ministros e recibirá a carteira de mans de Luis de Guindos. Mariano Rajoy referiuse hoxe por primeira vez en público ao seu novo ministro. Confía en que Román Escolano manteña o nivel de interlocución con Europa logrado polo seu antecesor. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018