CRTVG

Buscar

'Roma' consegue un éxito esperado na noite dos Globos de Ouro

Publicado o 07/01/2019 16:58

O éxito da cinta de Cuarón foi case que única profecía cumprida nesta edición número 76 dos globos de ouro. Roma é un drama de feitura fermosa, baseado na propia historia familiar do seu director.

Cuarón conta a vida súa coidadora na nenez, unha muller indíxena que axuda a súa nai. Unha historia coa que Netflix se posiciona como favorita para os Óscar. A Cuarón chégalle, asegura, a satisfacción de reivindicar a existencia de tantas mulleres invisibles.

Polo demais, a noite foi uha ristra de sorpresas. A primeira, Bohemian Raphsody desbancando a O Vicio do Poder como mellor drama; consegue ademais o premio ao mellor actor para Rami Malik. O de mellor actriz foi para Glenn Close por La Buena Esposa.

Green Book como mellor comedia, apañou ademais a globo para Mahershala Ali como mellor actor secundario. Lady Gaga queda sen premio á mellor actriz pero consegue con Shallow, a mellor canción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019