CRTVG

Buscar

Rolda de contactos na Comunidade de Madrid

Publicado o 04/08/2019 14:24

Seguindo con procesos de investidura, na comunidade de Madrid comeza este luns a terceira rolda de contactos para deteminar quen ocupará a presidencia.

Todo parece indicar que esta será a quenda definitiva e que a candidata do PP, Isbael Pérez Ayuso, se vai converter finalmente na nova presidenta da comunidade, despois de que Vox e Ciudadanos desbloquearan o pacto de investidura. Pero antes, o presidente da Asemblea madrileña, Juan Trinidad, deberá entrevistarse cos distintos voceiros parlamentarios, entre o luns e o martes, para facer efectiva a candidatura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/08/2019