CRTVG

Buscar

Rohaní convida os EUA a eliminar todas as sancións contra Irán

Publicado o 27/08/2019 08:45

 

 

Rohaní convida os EUA a eliminar todas as sancións contra Irán
O presidente iraniano, Hasan Rohaní, asegurou hoxe que para que a situación cambie e se produzan "desenvolvementos positivos" os Estados Unidos debe "eliminar todas as sancións" impostas a Irán.
"Non estamos a buscar simplemente tomarnos unha foto con alguén", dixo Rohaní un día despois de que no cume do G7 se falase dunha posible reunión co seu homólogo estadounidense, Donald Trump, para rebaixar as actuais tensións.