CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Rohan Dennis arrasa na contra o reloxo. Yates, máis líder da Volta

Publicado o 11/09/2018 21:46

A décimo sexta etapa da Volta a España, a contra o reloxo de 32 quilómetros con meta en Torrelavega, foi para Rohan Dennis.

O cilista australiano foi único en baixar dos 38 minutos. Na batalla pola xeral, Simon Yates defendeu con contundencia o maillot vermello. Adiantouse en sete segundos a Valverde polo que a súa vantaxe na clasificación sobe ata os 33 segundos. O español hoxe non estivo ben e acabou cedendo tempo. Ao igual que Nairo Quintana, quen hoxe perdeu 42 segundos con respecto ao líder tras verse superado polo holandés Steven Kruijswijk, terceiro agora na clasificación xeral a 52 segundos de Yates.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018