CRTVG

Buscar

Rohan Dennis arrasa na contra o reloxo da Volta

Publicado o 12/09/2018 10:02

E acabamos coa Volta a España. Na contra o reloxo de 32 quilómetros con meta en Torrelavega, o gañador foi Rohan Dennis. O cilista australiano foi único en baixar dos 38 minutos. Na batalla pola xeral, Simon Yates defendeu con contundencia o maillot vermello. Sacoulle sete segundos a Valverde polo que a súa vantaxe na clasificación sobe ata os 33 segundos.

Nairo Quintana perdeu 42 segundos con respecto ao líder tras verse superado polo holandés Steven Kruijswijk, terceiro agora na clasificación xeral a 52 segundos de Yates.  Hoxe, décimo sétima etapa, con final en alto no balcón de Biscaia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018