CRTVG

Buscar

Roger Torrent: "É imposible que acordemos nada co PSC"

Publicado o 11/02/2021 11:17

Veto dos partidos independentistas cataláns a Salvador Illa, o candidato do Partido Socialista por Cataluña. Comprométense por escrito a non pactar con el despois do domingo.

O presidente do Parlamento de Cataluña e candidato por ERC ás eleccións, Roger Torrent, dixo que en Cataluña debe liderar un goberno independentista e de esquerdas. Destacou que a solución en Cataluña pasa pola amnistía e a autodeterminación. 

Torrent destacou que en Cataluña hai dúas realidades moi claras: os que queren votar o referendo e os que queren unha república catalá. 

Esquerra, dixo Torrent, era partidaria de cambiar as eleccións ao 30 de maio, e destacou que se celebrarán en condicións seguras. 

O presidente do Parlamento referiuse á negativa de Salvador Illa a facer unha PCR como unha "auténtica irresponsabilidade".

Roger Torrent manifestou que "é imposible que acordemos nada co PSC".

Noticias web

11/02/2021