CRTVG

Buscar

Rodríguez Villarino, candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense

Publicado o 01/04/2019 20:59

A executiva provincial do PSdeG elixiu a Rafael Rodríguez Villarino como candidato á alcaldía de Ourense. Péchase así a situación creada hai dúas semanas cando renunciou José Ángel Barquero, o gañador das primarias. Aínda que Barquero alegou razóns persoais, a renuncia tamén puido estar motivada polos cambios na súa candidatura. De feito canda el renunciaron dúas das persoas que o acompañaban na lista.

Aínda que para substituílo se postulou Natalia González, número dous da lista, finalmente a executiva optou por Rodríguez Villarino. O candidato elixido é secretario provincial do PSdeG e alcalde socialista de Amoeiro desde 2007. A súa candidatura á alcaldía de Ourense debe ser ratificada polo Comité Federal do PSOE.

Noticias web

01/04/2019