CRTVG

Buscar

Rodríguez Vaz e Traba analizan a nova situación do Deportivo

Publicado o 21/01/2020 15:10

Vaz critica o traballo de Carmelo del Pozo

Os cambios no consello e o plan de viabilidade dan certa tranquilidade. Hai outros factores que explican a transformación.

Para Traba "a chegada de Fernando para min é fundamental. Tiña un punto a favor: a afección queríao, a proba tivémola o domingo pasado co estadio practicamente abarrotado".

Segundo Rodríguez Vaz, "ata os propios xogadores estaban pedindo reforzos a berros. Carmelo del Pozo equivocouse rotundamente na confección deste cadro de xogadores. Menos mal que apareceu Richard Barral e está facendo as cousas ben porque ademais é coñecedor do mercado nacional e internacional".

O equipo é distinto desde o punto de vista competitivo. Vázquez blinda a defensa e desde aí constrúe a súa proposta.

Segundo Vaz, "o sistema de cinco úsano desde hai anos moitos equipos, e de primeira liña. Xa non che digo se no Deportivo tivésemos dous laterais que chegasen arriba e centrasen ben".

Traba incide en que "o sistema defensivo era moi fráxil e os rivais chegaban con moita facilidade. Coa chegada de Fernando e a liña de cinco acabou coa sangría que padecía o equipo".

Traba e Vaz coinciden: a apertura do mercado invernal aumentou a competitividade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020