CRTVG

Buscar

Rodrigo Vázquez, premio Mestre Mateo ao mellor comunicador: "Agradecido aos compañeiros do sector"

Publicado o 12/03/2019 11:33

No temo da conversa, Marcos Sueiro entrevista a Rodrígo Vázquez, presentador do programa de Televisión de Galicia Ti verás. Rodrigo Vázquez acaba de gañar o premio Mestre Mateo ao mellor comunicador.

"O premio Mestre Mateo ao mellor comunicador é un cariño, é un detalle dos compañeiros do sector".
"Moi contento e moi agradecido polo premio. Non creo que os premios en si aseguren nada, non aseguran traballo, eu quedo co cariño recibido esa noite. O máis bonito desa noite é ver a xente que queres, a familia, os amigos, os compañeiros de traballo, tan contentos. Se todo o mundo que te rodea está tan contento, ti estás nunha nube, claro".

"O mellor que me puido pasar foi facer en pouco tempo cousas moi distintas".
"Pasar de informativos a entretemento, picar en diferentes programas, creo que te van formando como mellor profesional, rodéaste sempre de xente diferente que che achega cousas, e no Ti verás tamén é unha escola, aínda que agora xa leve case 500 emisións gravadas".

O discurso nos Mestre Mateo foi moi aplaudido pola súa defensa do galego.
"Quería falar algo dos nenos porque son o futuro e a bandeira do idioma é algo que todos compartimos nesta casa, pareceume algo de consenso pero non pensei que ía ter tanta repercusión".

"A min nacéronme os dentes aquí, na CRTVG".
"Estiven no Telexornal mediodía, en deportes, na Radio Galega e logo tiven a oportunidade da facer entretemento; e ao principio non o vía moi claro, porque xa levaba case cinco anos facendo información seria, sucesos, política..., facer entretemento era como un medo a pechar esa porta, a non poder volver á información. Pero ao final aquí estamos".

Grande e rápido improvisador innato
"A improvisación é non ter moito filtro, estar rápido, durmir ben ese día, tomar un café antes de comezar. Ao mellor tiña que meditar un pouquiño máis. Cos meus amigos sempre estamos con retrucos, con dobres sentidos, os da retranca somos así".

"No audiovisual o futuro individual depende dunha conxunción e decisións de moita xente".
"Podes marcar unha liña de futuro pero é moi complicado que chegues alí. Eu non contaba presentar programas de entretemento, e xa estou no quinto. Agora faría calquera tipo de programa, sería unha boa escola".








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019