Rodrigo Lanza, condenado a vinte anos de cárcere por asasinato
Publicado o 23/09/2020 09:28

Rodrigo Lanza foi sentenciado a 20 anos de cárcere por asasinato agravado, por matar a Víctor Laínez, de 55 anos, no denominado "crime dos tirantes", segundo avanzou a radio autonómica aragonesa. A decisión da xustiza chega despois de que o pasado xoves o xurado o declarase culpable de asasinato.
Foi o segundo xuízo celebrado polo crime, despois de que o que se realizara o pasado mes de novembro fora anulado por apreciárense anomalías que conduciron a unha polémica sentenza en que Lanza resultou condenado por imprudencia homicida en vez de por asasinato.