Rodrigo Corrales: "O soño é un ouro olímpico. Por compromiso e ilusión non nos vai gañar ninguén"
Publicado o 23/06/2021 15:57
A selección española de balonmán, co galego Rodrigo Corrales, xa está en Galicia preparando os xogos olímpicos.
Os hispanos teñen o seu cuartel xeral en Sanxenxo e adéstranse en Pontevedra. O domingo, precisamente en Pontevedra e coa G2 en directo, mediranse a Croacia en partido oficial, na 3ª xornada da Eurocup 2022. Un test esixente e que xa pode ofrecer moitas pistas sobre como pode chegar España á cita olímpica.