CRTVG

Buscar

Rodrigo Corrales: "O ouro europeo é incrible, pero Toquio é un soño"

Publicado o 27/01/2020 22:07

• Corrales e a selección de balonmán chegaron a Madrid coa medalla de ouro do Europeo

O galego Rodrigo Corrales aterrou en España co título de campión de Europa e un billete para os Xogos Olímpicos de Toquio. 

Os Hispanos fixeron historia ao revalidaren o título continental, unha proeza que non se lograba desde que a lendaria Suecia encadeara tres títulos consecutivos. A medalla de campións dálles o pase directo para os Xogos Olímpicos.

"O ouro europeo é incrible, pero Toquio é un soño", díxolle á Galega o porteiro cangués Rodrigo Corrales.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020