CRTVG

Buscar

Rodrigo Corrales, MVP ante os Países Baixos

Publicado o 14/01/2020 15:23

Fico 20 paradas

Protagonismo para Rodrigo Corrales no Europeo de Balonmán.

O porteiro de Cangas foi o xogador máis destacado da selección española no partido ante os Países Baixos. A súa estelar actuación valeulle para ser elixido o MVP do partido. Corrales fixo 20 paradas, cunha porcentaxe de efectividade do 45% e mesmo marcou un gol.

España gañou por un claro 36 a 25. Tras derrotar a Letonia, Alemaña e Holanda, a selección vai encarar invicta a segunda fase do Europeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020

Máis sobre cangas