Rodrigo Corrales, convocado coa selección olímpica de balonmán
Publicado o 02/06/2021 21:39

Non é ningunha sorpresa se cadra a convocatoria de Rodrigo Corrales coa selección olímpica de balonmán. O porteiro titular de España no Mundial de Exipto volve ser chamado por Jordi Ribera para a cita de Toquio.
Pontevedra é a cidade elixida para facer a preparación. Será a última semana deste mes de xuño, inclúe dous partidos, un oficial contra Croacia e outro amigable contra Exipto.