CRTVG

Buscar

Rodrigo Corrales apoia a decisión de suspender os Xogos

Publicado o 26/03/2020 19:29

Sobre o aprazamento dos Xogos Olímpicos recollemos as impresións de Rodrigo Corrales. O porteiro da selección española de balonmán entende que nestas circunstancias, a mellor decisión é agardar ao próximo ano para pelexar polas medallas en Toquio: "A verdade, en canto á decisión, estou ao cen por cento de acordo, creo que estamos a vivir unha crise sanitaria inédita, unha crise que está afectando moitísima xente e non ten sentido seguir adiante cunha competición sen garantir primeiro a saúde dos deportistas, despois sen garantir unha preparación adecuada para un evento tan importante. Agora estamos todos xuntos para batallar contra o coronavirus, e, unha vez que todo isto se solucione, xa haberá tempo", di Corrales.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020