CRTVG

Buscar

Rocío Carbia transforma Galicia en arte desde a outra beira do Atlántico

Publicado o 25/08/2021 22:26

En Bos Aires, a ilustradora galego-arxentina Rocío Carbia leva máis de 10 anos expoñendo as súas pinturas en festas da colectividade. Agora, o seu último paso foi abrir unha tenda virtual onde vende produtos que recordan a Galicia.

A morriña é o sentimento máis común entre os galegos da Arxentina, e moitos deles transforman esa nostalxia en arte. Este é o caso de Rocío Carbia, unha artista plástica filla de galegos.

Rocío Carbia creceu en Bos Aires bailando música galega e debuxando. Dúas afeccións que hoxe conflúen nunhas pinturas onde se aprecia o seu amor por Galicia, e que son protagonistas da súa tenda virtual. Teñen que ver co traxe tradicional, con estampas de baile, de canto, de músicos...

O seu traballo apareceu en numerosas exposicións da colectividade galega na Arxentina, e agora o seu próximo obxectivo é levar os seus cadros a Galicia e pintar dende a terra dos seus avós. Unha vida entre dúas beiras que está cada vez máis cerca.

Noticias web

25/08/2021