CRTVG

Buscar

Robots na volta á escola e nas rúas para evitar contaxios

Publicado o 10/05/2020 17:40

En Singapur este can robot vixía e lembra aos paseantes que manteñan a distancia de seguridade. É un dos exemplos do que proporciona a robótica nestes novos tempos de coronavirus. Robots que realizan tarefas de descontaminación, que transportan material ou mesmo que facilitan o contacto entre enfermos illados e familiares. A intelixencia artificial aplicada á medicina e á prevención.

O robot Walklake, capaz de detectar varias enfermidades, resulta divertido para os escolares e é unha das novas medidas de prevención adoptadas nos colexios da China. Tamén pantallas protectoras, lavado de mans continuo e distancia de seguridade. Dende os colexios galegos ven lonxe esta realidade.

Advirten tamén do factor económico. Pero este é un panorama en avance continuo, e Roberto Iglesias cre que a pandemia do coronavirus vai ser un pulo para a investigación e probablemente afecte ao custo dos robots, por teren un uso masivo.

Agora que temos que evitar o contacto persoal, os robots aproveitan para achegarse a nós como aliados. Polo medio, aínda a barreira da invasión da intimidade e da substitución da man de obra.

Noticias web

10/05/2020