CRTVG

Buscar

Robles garante que non houbo instrucións políticas aos militares e asume calquera erro

Publicado o 27/04/2020 19:58

A ministra de Defensa garante que os militares non seguiron ningún tipo de orientación política na loita contra o coronavirus. Margarita Robles explicou no Congreso o labor das forzas armadas, das que dixo que ocuparán un lugar importante cando se escriba a historia da pandemia: "O positivo correspóndelles a eles, porque eles fixérono polos cidadáns, para os cidadáns, e sen ningunha valoración de ningún tipo político. Os erros que puido haber son exclusivamente meus"

Noticias web

27/04/2020