CRTVG

Buscar

Robles esíxelle respecto a Marrocos e critica utilizar menores para burlar a fronteira

Publicado o 29/05/2021 21:35

A ministra de Defensa esixe a Marrocos respecto en relación ao conflito na fronteira. Margarita Robles asegurou que non é aceptable o uso de menores para burlar a fronteira, vulnerando así, dixo, o dereito internacional e tamén o humanitario.

Di Robles que o respecto é a clave da convivencia en sociedades civilizadas e modernas. 

 

 

Noticias web

29/05/2021