CRTVG

Buscar

Robertson ten unha rotura fibrilar e estará tres semanas de baixa

Publicado o 14/04/2021 12:52

As probas complementarias realizadas ao xogador do Monbus Obradoiro Kassius Robertson determinaron que sofre unha rotura fibrilar no cuadríceps da súa perna dereita. O xogador atópase baixo tratamento de fisioterapia e o tempo estimado de recuperación é dunhas tres semanas.

O escolta obradoirista lesionouse cando faltaban 17,9 segundos para o final do encontro ante o BAXI Manresa ao chocar cun dos seus xogadores e golpear o cuadríceps dereito.

 

 

 

Noticias web

14/04/2021