CRTVG

Buscar

Lucas Robertone, no punto de mira do Celta

Publicado o 12/08/2020 16:18

O Celta está no mercado. Negocia con Velez Sarfield a fichaxe de Luca Robertone. Un centrocampista de natureza ofensiva que ten vinte e tres anos. Un futbolista que se asocia e chega á area rival.

A Vélez non lle agrada a primeira oferta do Celta. O Sporting de Lisboa tamén está interesado. O prezo de Robertone está en seis millóns de euros. O Celta quere unha cesión con opción de compra.

A noticia deuna o ex-porteiro celeste Pablo Cavallero no programa Ao contraataque da Radio Galega. Cavallero é o director deportivo do Vélez.

Noticias web

12/08/2020