CRTVG

Buscar

Roberto Verino quenta motores para a Mercedes Benz Fashion Week

Publicado o 27/01/2020 21:15

Define Verino o mundo da moda como cambiante. Defínese a si mesmo como pioneiro en buscar novas formas de presentación. E así é a súa nova proposta: cambiante e pioneira. Desde o centro de Madrid, no Salón da Real Casa de la Panadería e no marco de Madrid es Moda, presenta a súa colección en fotografía e da man do seu creador e dos seus estilistas

O cliente poderá logo facer unha reserva e as pezas elixidas serán enviadas ás tendas onde, con cita previa, poderá ir probalas. Pezas que pertencen a Legado, a súa colección de primavera/verán 2020.

Obxectivo cumprido. A presentación non puido ser máis concorrida. Mañá, máis moda, a Mercedes-Benz Fashion Week 2020 abre as portas a unha nova década para a moda española.

Noticias web

27/01/2020