CRTVG

Buscar

Robert Moreno explica nun comunicado o acordo ao que chegou coa Federación de Fútbol

Publicado o 21/11/2019 10:02

Xa temos as explicación do xa ex-seleccionador Robert Moreno; deu explicacións non de palabra, senón a través dun comunicado escrito.

500.000 euros de liquidación e o compromiso de non embarrar máis o asunto. Ese foi o acordo coa federacion asi que Robert Moreno deu as súas explicacións... a través dun comunicado.

Moreno non entra a valorar as últimas horas como seleccionador. Tampouco fala do barullo de antonte nin das palabras de Rubiales. Non aclara se foi unha dimisión ou unha destitución. Asegura que marcha "coa conciencia tranquila" e insiste en que el "nunca sería un impedimento para o regreso de Luis Enrique, aínda que iso supuxese a súa saída". Vaise, di, con sabor agridoce e desexándolle o mellor a Luis Enrique.

A gran pregunta segue sen desvelarse: que pasou entre Moreno e Luis Enrique para que se rompese esa relación? Quizais teña que ser Luis Enrique quen o desvele. O asturiano volverá ser presentado como seleccionador o vindeiro mércores.


 

Noticias web

21/11/2019