CRTVG

Buscar

Albert Rivera reforza o seu control sobre Ciudadanos para frear a crise do partido

Publicado o 29/07/2019 20:33

• A formación laranxa amplía a executiva con máis intregrantes afíns ao líder

• Entran Garrido, Bauzá e Mesquida e saen os críticos como Maura e de Miguel

A executiva de Ciudadanos aumenta a 50 membros. Entran 22 caras novas, entre elas as fichaxes que fixo Rivera para as eleccións como os ex-presidentes autonómicos do PP, Bauzá e Garrido ou o ex-socialista Joan Mesquida.

Os cambios chegan tras varias dimisións destacadas de críticos co líder e as presións desde dentro e fóra para que facilite a investidura de Sánchez. Rivera atribúeo os cambios ao crecemento do partido e a necesidade de reforzarse para gobernar.

Albert Rivera.Presidente de Ciudadanos: "Un equipo con xente preparada, un equipo con xente leal ao proxecto de Ciudadanos e a España. Mentres eu sexa presidente haberá democracia e tamén traballaremos todos a unha para que o goberno de España sexa laranxa".

Dos críticos só continúan o responsable europeo do partido, Luis Garicano e o vicepresidente de Castela e León. A nova líder do partido en Cataluña, Lorena Bernal substitúe a Inés Arrimadas como voceira. Á este ampliado Comité Executivo tamén se suma a deputada de Ciudadanos por Pontevedra, Beatriz Pino.