CRTVG

Buscar

Rivera sitúase no centro e acusa a Sánchez e Casado de mirar aos extremos

Publicado o 20/01/2019 15:07

O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, propuxo hoxe que os constitucionalistas se conxuren para expulsar das institucións os que queren romper España. Foi nun acto no que o deputado no Congreso Toni Cantó anunciou que vai presentarse ás primarias para ser o candidato de Ciudadanos á presidencia da Generalitat valenciana.

Rivera pediu paciencia ata que Sánchez convoque as eleccións que prometeu ao chegar á presidencia do Goberno, e pediu que cando o faga os españois o boten da Moncloa. O líder de Ciudadanos acusou ao PSOE e o PP de estar virando aos extremos, e dixo que só o seu partido está nun lugar de centro e liberal común a todos.

Albert Rivera. Presidente de Ciudadanos: "É que ves a Sánchez, e cada vez quere parecerse máis a Podemos. E ves a Casado e está todo o día mirando a Vox... E todos os españois que non queremos mirar aos extremos, que queremos mirar cara adiante, os que non queremos estar todo o día criticando os demais, senón propoñendo unha alternativa a onde imos parar? Pois imos parar a este recipiente, este lugar... a Ciudadanos, a plataformas como España Ciudadana. Ese é o lugar común onde teñen que estar todos os españois".
 

Noticias web

20/01/2019