CRTVG

Buscar

Rivera e Casado reitéranlle a Sánchez que non van facilitar a investidura

Publicado o 11/06/2019 20:51

Pedro Sánchez pídelles a PP e Ciudadanos que se absteñan na súa investidura porque non hai alternativa a un goberno socialista e porque os españois non merecen ir a unhas novas eleccións.

Adriana Lastra, vicesecretaria xeral do PSOE, di que "o presidente do Goberno pedíulles ao señor Rivera e ao señor Casado que non obstaculicen a formación do Goberno. A ámbolos dous pediulles que as súas formacións políticas favorezan, que se absteñan"

Pero PP e Ciudadanos reafirman a súa negativa e cren que si hai alternativas. Albert Rivera instou a Sánchez a apoiarse nos que chamou os seus socios naturais, e Pablo Casado animouno a buscar o voto dos rexionalistas.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, di que "votaremos que non na súa investidura, imos estar na oposición e el ten que formar goberno. Neste caso, como vimos esta mañá, é lóxico e é de supoñer que o faga cos seus socios habituais"

Pablo Casado, presidente do PP,  "a pelota está agora no tellado dos partidos de esquerda. O que esperamos é que ese acordo de investidura, lexislatura ou goberno se complete non cos independentistas, senón con partidos rexionalistas".

Casado admite que a repetición das eleccións favorecería o PP, pero cre que sería unha irresponsabilidade chamar ás urnas por quinta vez en 3 meses.
 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019