CRTVG

Buscar

Rivera pídelle a Sánchez que publique a tese que fixo para o seu doutoramento

Publicado o 12/09/2018 21:07

A dimisión de Carmen Montón convertiu o currículo académico dos cargos públicos en asunto central da política española. O propio Pedro Sánchez atoupouse por sorpresa no Congreso coa peticion de Ciudadanos de facer pública a súa tese de economía. Outros grupos cren que é o líder do PP, tamén cuestionado polos seus estudos, quen debe seguir o camiño da ministra. 

Intuíase que a dimisión da ministra de Sanidade ía marcar a sesión de control ao goberno. 
O que non esperaba Sánchez era ver os seus propios estudos baixo sospeita. Foi cando Albert Rivera cambiou por sorpresa unha interpelación prevista sobre Cataluña. O PSOE queixouse pola actitude da presidenta do Congreso ante o cambio de guion e tamén pola de Ciudadanos. Acusan a Albert Rivera de apartar o foco de Pablo Casado e o máster presuntamente irregular do líder popular.

Pablo Iglesias entrou no debate cun chío no que defende a lexitimidade do presidente para non publicar a súa tese. Di que non se pode comparar con outras que nin sequera existen. A tese de Sánchez non está colgada na rede, pero si se pode consultar na biblioteca da Universidade Camilo José Cela como hoxe fixeron ducias de xornalistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018