CRTVG

Buscar

Albert Rivera marca distancia con Pedro Sánchez e Pablo Casado nun acto en Toledo

Publicado o 16/03/2019 17:13

Ciudadanos vai presentar como numero dous por Madrid, o ex-vicepresidente de Coca-Cola, Marcos de Quinto. O líder do partido dáballe a benvida ao candidato en Toledo e gababa a súa profesionalidade. Rivera dixo que España "merece ministros " como de Quinto.

No mesmo acto, Albert Rivera pediulle ao presidente do Goberno "un cara a cara para debater os dous modelos de España" . E marcou distancia con Pedro Sánchez e Pablo Casado, os que considera que "están ancorados no pasado".Chamou a encher as urnas de votos laranxas, para poder acometer reformas institucionais, na educación e na xustiza .

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019