CRTVG

Buscar

Rivera despídese do Congreso

Publicado o 02/12/2019 21:18


Derradeiro día  de Albert Rivera no Congreso. Este martes constitúense as novas Cortes e o xa ex-presidente de Ciudadanos despediuse a través das redes sociais cun video gravado no hemiciclo. Rivera dalle as "grazas de corazón" aos que  lle deron a confianza e recordou o honor que para el foi se deputado.

"Aquí estiven sentado durante catro anos para representar millóns de españois xunto cos meus compañeiros porque nos destes voz. Grazas de corazón por darnos a vosa confianza, grazas a todos os que, votando ou non a Ciudadanos, participáchedes deste proxecto común estes anos. Como sabedes, marcho. Para min ser deputado, é un honor, é unha responsabilidade, non é só unha nómina. Nada máis, grazas a todos, aos que traballan aquí, aos que me acompañaron, aos deputados e ás persoas que votaron outros partidos. Estou agradecido profundamente e estareino sempre a este país por deixarme ser parte da vosa voz. Viva a liberdade!, dixo Albert Rivera, ex-presidente de Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019