CRTVG

Buscar

Rivera denuncia na Fiscalía os incidentes no seu mítin en Errentería

Publicado o 17/04/2019 08:31

O candidato de Ciudadanos, Albert Rivera, vai denunciar hoxe ante a Fiscalía os incidentes durante o seu mitin en Errentería, Guipúscoa.

Ducias de manifestantes intentaron boicotear o acto e insultaron os seus participantes, que interviñeron entre berros e cazoladas. O mitin foi posible polo amplo dispositivo da Ertzaintza.

Rivera presentará a denuncia acompañado da candidata ás europeas, Maite Pagaza, que estaba tamén no acto de Errentería.


 

Noticias web

17/04/2019