CRTVG

Buscar

Rivera convida a Casado a evitar que Sánchez volva a meter aos independentistas no Goberno

Publicado o 07/04/2019 14:46

Albert Rivera convida a Casado a tender pontes, para sumar escaños e para evitar que Sánchez volva, di, a meter aos independentistas no Goberno.

O presidente de Ciudadanos, que encabezou un acto político en Madrid, xunto á voceira nacional, Inés Arrimadas e aos candidatos ao Congreso por esta comunidade, Marcos de Quinto, Sara Giménez e Edmundo Bal, pediu honestidade aos seus contricantes e que digan con quen van a gobernar. Pídelle ao Partido Popular especialmente unha alianza para evitar, di, que se lle entregue a economía do Estado aos separatistas.

Albert Rivera, Presidente de Ciudadanos: "Sánchez fíxoo e volverá a facelo. Sánchez está amarrando xa os escaños de Bildu, de Covergencia, de Esquerra, do PNV, que sempre os ten, os de Podemos, os ten amarrados. E tendínlle a man ao señor Casado, que nin sabe, nin contesta".
 

Noticias web

07/04/2019